Saltar ao contido

George Coșbuc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Coșbuc

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ro) George Coşbuc Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Coșbuc (Imperio Austríaco) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 1918 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Bucarest, Romanía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Bellu (pt) Traducir
Central cemetery of Chișinău (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica bizantina romanesa Editar o valor en Wikidata
EducaciónFranz Joseph University (en) Traducir
Universidade Babeș-Bolyai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, escritor, crítico literario, xurista, xornalista, tradutor, mestre, poeta, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Academia Romena (pt) Traducir (1916–) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, balada e idilio Editar o valor en Wikidata
MovementoSemănătorism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioC. Boșcu Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElena Coșbuc Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 5 (en) Traducir, (p.589) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 0597caaa-c623-4e56-92e5-e8298dc3c73e Editar o valor en Wikidata

George Coșbuc, nado en Coșbuc o 20 de setembro de 1866 e finado en Bucarest o 9 de maio de 1918 en Bucarest, foi un poeta e tradutor romanés nativo de Transilvania.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Selo de Romanía.

George Coșbuc foi o sétimo fillo de Sebastián Coșbuc, sacerdote greco-católico, e Mariei, filla, tamén, dun sacerdote greco-católico de Telciu. Xa como estudante entrou no círculo literario local, Virtus Romana Rediviva, coa oposición de seu pai, que o vía como un obstáculo á carreira elesiástica que pretendía que seguise seu fillo. Realizou estudos primarios en Telciu e logo secundarios en Nasaud, onde adquiriu unha sólida cultura lendo clásicos da literatura romanesa e universal[1], e despois traballou como profesor en Nasaud.

En 1882 publicou os seus primeiros poemas no almanaque anual do club literario. Entre 1884 e 1886 asistiu a cursos na Universidade de Cluj. Recolleu contos de fadas e historias populares, para reescribilos e publicalos. Entre 1887 e 1889 foi redactor do xornal de Cluj, La Tribuna[2], a época máis fecunda da súa vida, onde traballaba xente como Ioan Slavici, Ioan Bechnitz ou Septimiu Albini, e que foron fundamentais na súa carreira literaria [3]. Este período culminou coa publicación de Nunta Zamfirei que recibiu eloxios nos círculos literarios de Romanía e o consagrou como poeta. Mudouse a Bucarest, facéndose oco entre o círculo cultural e intelectual da cidade. Colaborou coa revista Convorbiri Literare e conxuntamente con outros antigos educadores preparou unha colección de textos en lingua romanesa como manual escolar, Carte de românească citire.

En 1893 publicou Balade și idile, un volume que cimentou a súa reputación e despois tocou a poesía con connotacións políticas, como os enfáticos Noi Vrem pământ ou "Lupta vieții ". Nesa época comezou a súa colaboración coa revista literaria, Vatra.

En 1895 rematou a tradución da Eneida de Virxilio. En 1896 publicou unha escolma de poemas e relatos co título Versuri și proză. En tres anos publicou grandes anacos do Kālidāsa, grazas a traducións alemáns do texto orixinal en sánscrito. Traduciu de Homero a Odisea e varias obras de Friedrich Schiller.

En 1898 a Academia Romananesa xulgouno como membro eminente, proseguiu a traducir, salientando a totalidade da Divina Comedia de Dante. En 1901 fundou con Alexandru Vlahuță, a revista literaria Sămănătorul. Logo de perder un fillo nun accidente en 1915 deixou toda actividade literaria e morreu en 1918.

  • Blestem de mamă, Sibiu, 1885
  • Pe pământul turcului , Sibiu, 1885
  • Fata craiului din cetini , Sibiu, 1886
  • Draga mamei , Sibiu, 1886
  • Fulger , Sibiu, 1887
  • Balade și idile , Bucarest, 1893
  • Fire de tort , Bucarest, 1896
  • Războiul nostru pentru neatârnare Bucarest, 1899 or, Craiova, 1995
  • Povestea unei coroane de oțel , Bucarest, 1899; Bucarest, 1992
  • Din țara Basarabilor, Bucarest, 1901
  • Ziarul unui pierde-vară , Bucarest, 1902
  • Dintr-ale neamului nostru , Bucarest, 1903
  • Cântece de vitejie , Bucarest, 1904
  • Superstițiunile păgubitoare ale poporului nostru , Bucarest, 1909
  • Balade, Bucarest, 1913;
  • Drumul iubirii , Bucarest, 1916;
  • Povești în versuri , édition établie par Nicolae Drăganu, Sibiu, 1921
  • Poezii alese, avec une préface de Mihai Beniuc, Bucarest, 1952
  • Poezii , édition en deux volumes, avec une préface de Dumitru Micu, București, 1953;
  • Despre literatură și limbă , Bucarest, 1960
  • Versuri , Bucarest, 1961
  • Fire de tort. Cântece de vitejie , I-II, , Bucarest, 1966
  • Opere alese  vol. I-IX, București, 1966-1998,
  • Opera poetică , I-II, Chișinău, 2000
  • Scrieri alese, Iași, 2001
  1. Șerban Cioculescu, Istoria literaturii române III - Epoca marilor clasici, Editura Academiei Republicii Socialiste România, București, 1973, pp. 761-762
  2. Ioan Slavici, Amintiri, Cultura națională, București, 1924, pp. 144-145
  3. Dicționarul literaturii române de la origini pînă la 1900, București, Editura Academiei Române și Editura GUNIVAS, București, 2008, p. 234